Friday 17 de May de 2024

Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docents coa innovación “son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas”


— O conselleiro de Educación preside o acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións

— O obxectivo da iniciativa é poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou esta mañá o compromiso tanto do alumnado coma do profesorado coa innovación educativa nas aulas, en liña coas accións estratéxicas do Goberno galego neste eido no sistema de ensino no seu conxunto.

Así o sinalou con motivo do acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións deste certame que naceu en 2020 impulsado pola Consellería de Educación co obxectivo de poñer en valor e recoñecer as boas prácticas dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos novidosos.

“As iniciativas que desenvolven estes centros día a día -sinalou- son o mellor exemplo de que a través de ferramentas innovadoras, vencelladas ás novas tecnoloxías ou á aprendizaxe competencial, podemos potenciar valores esenciais como a inclusión, a igualdade, a creatividade, a resolución de problemas ou a vinculación coa contorna”.

O conselleiro aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso do seu departamento con situar o sistema educativo galego nun dos eixes do cambio tecnolóxico actual. A este obxectivo responde a Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta das accións coordinadas para a transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das competencias necesarias na sociedade actual. Neste marco, Román Rodríguez referiuse a accións específicas como a dotación de Polos Creativos, que chegan a máis de 200 centros de ensino, o impulso do STEMBach cun itinerario específico enfocado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas ou os Contratos-Programa CP Innova para que os centros poidan implantar e impulsar accións de innovación.

Centros premiados:

 

CURSO 2022-23
  Categoría A (Infantil, Primaria, Educación Especial e centros rurais Categoría B (Centros públicos integrados, institutos e centros públicos de Educación e Promoción de Adultos)
1º PREMIO CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño) IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas)
2º PREMIO CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel)
3º PREMIO CEIP Virxe da Barca (Muxía) IES Praia Barraña (Boiro)
ACCÉSIT CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) Centro de Educación e Promoción de adultos do centro penitenciario da Lama
CURSO 2021-22
1º PREMIO CEIP Plurilingüe Torre-Cela (Bueu) IES Valadares (Vigo)
2º PREMIO CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso) IES Plurilingüe A Cachada (Boiro)

 

3º PREMIO CEIP Valle Inclán (Vigo) IES Manuel Murguía (Arteixo)
CURSO 2020-21
1º PREMIO CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis()
2º PREMIO CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira) IEs Alfonso X O Sabio (Cambre)
3º PREMIO CEIP San Tomé (Cambados) IES Isaac Díaz Pardo (Sada)